Hoxe vai por ti, 17 de maio, ese día no que todo galego debía lembrar que temos a sorte de ser de Galiza, este paraíso no medio do caos. Hoxe (e sempre) é un día para berrar á nosa lingua que a queremos, que coma ela non hai outra, e que a imos defender con unllas e dentes de todos os que nos queren calar, porque como ben dixo Castelao: "Un pobo sometido á loita de dous idiomas acaba por non saber expresa-lo que sente. Cando a un pobo, que canta e fala nunha lingua creada polo seu propio xenio, se lle impón a obriga de adoptar un idioma estraño á súa personalidade afectiva, prodúcese un esmorecemento da linguaxe, que comeza pola inhibición e remata pola impotencia. Cómpre deixar ben esclarecido que o verdadeiro pobo de Galiza, o que vivía a carón da terra e do traballo, non sufríu os trastornos do bilingüismo porque non deixou de fala-la súa fala e con ela seguíu expresando as tristuras e ledicias do seu mundo. As víctimas do bilingüismo -os que calaron e enmudeceron para producir un silencio literario de tres séculos- foron as camadas intelectuais, que non estimaban as verbas vivas do seu falar e admiraban as verbas mortas do seu escribir. Atribuímoslle á imposición oficial e cultural do castelán o silencio literario de Galiza; non como acto de resistencia pasiva senón como efecto natural do bilingüismo, por falar na lingua que non se escribía e escribir na lingua que non se falaba.Cando a lingua imposta mata de todo á lingua sometida, é dicir, cando a violencia chega ata o asasinato, pode o pobo recobra-la súa facultade de expresión artística? Sirva como exemplo a vitoria do latín sobre a lingua -probablemente celta- que antes se falaba en Galiza. Pero a lingua de Castela non tiña forza de abondo para mata-lo galego, que acababa de ser -pola súa virtude lírica- o idioma prefrerido na mesma Corte de Castela. Por outra banda consideramos como actos bárbaros os atentados á vida dos idiomas.Que diríamos se o Estado mandase derruba-lo Pórtico da Gloria? Pois eu digo que o noso idioma é unha obra de artes mil veces superior á obra do mestre Mateo. Creouna o xenio inolvidable do noso pobo e labrouna o amor, a dor e a ledicia de moitísimas xeracións. Unha lingua é máis ca unha obra de arte; é matriz inesgotable de obras de arte."
E pouco importa que non saibamos o que din os rumorosos na costa verdecente, ou o que din as altas copas de escuro arume arpado, se temos claro que os bos e xenerosos a nosa voz entenden, e con arroubo atenden o noso ronco son, mais só os iñorantes, féridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.
Vergoña tíñanos que dar rexeitar o que é noso, e dicir que si e baixar a cabeza cando nos din que o galego non vale para nada...
E é que ás veces esquecemos que un "quérote" é moito mellor ca un "te quiero", un "I love you", un "Je t'aime", un "Ti amo" e mesmo ca un "Σ' αγεπω". Non sei vós, pero eu morrerei falando na lingua coa que dixen a miña primeira palabra, e ben orgullosa que estou. Por min, o galego vivirá 1000 primaveras máis.
A veces no necesitas que alguien esté siempre a tu lado, diciéndote lo genial que eres, o la falta que le haces, o lo mucho que te quiere, porque a veces, sólo necesitas a alguien que crea en que tú puedes, alguien que aunque no esté siempre pegado a ti, sabes que está ahí, alguien que te dé fuerza, alguien que te dé confianza, alguien que te ayude a volar sin alas y a soñar sin estar dormido, alguien que te diga cuando lo has hecho bien y cuando la has cagado, alguien que te haga creer a ti mismo que puedes con todo, que puedes conseguir todo lo que te propongas, no sé, alguien que crea en ti.
Hoy quiero escribir, escribir y sacar fuera todo lo que me corroe las entrañas, pero no puedo.
Quiero desahogarme para volver a ser la de antes, pero no puedo.
Hoy quiero gritarle a las nubes negras que ya se ha ido la tormenta, que va a salir el sol, pero no puedo.
Quiero expresarme cada noche, pero no puedo.
Hoy quiero mirarme al espejo y no ver mi rostro cansado, con ojeras marcadas de las noches en vela, pero no puedo.
Quiero salir a comerme el mundo y lo único que hago es quedarme en mi cama con la música al máximo y los ojos cerrados, y yo así no puedo.
Hoy quiero luchar por mis sueños, pero sólo lo veo negro, y yo así no puedo.
Quiero encontrar algo que me haga sentir bien, pero no puedo.
Hoy por fin he logrado escribir algo de lo que me mata por dentro, y quisiera sacarlo todo a fuera, pero no puedo.
Quiero encontrar las palabras necesarias para decir como me siento, pero no puedo.