"Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque si, porque me gosta,
porque me peta e quero e dáme a gaña;
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ao pór a garavata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai
a fala dos avós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque si, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa."
Feliz día das Letras Galegas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario