"Cando non estás. Cando xa te vas. Cando es todo o que hai ó meu redor. Cando todo o que preciso pasa polo teu sorriso. Cando penso en ti, cando estás aquí. Cando a noite cae e estás lonxe, gardo un segundo contigo para encher días perdidos. Quédanme os momentos nos que ti estás preto, nos que se detén o tempo, e non pasa nada, agás o vento. Chegan tempos duros, tempos tan estranos, días que pasarán lento e outros nos que o tempo vai pasar voando."
No hay comentarios:
Publicar un comentario