jueves, 18 de diciembre de 2014

    Centro comercial Camelias: Zara


"E por último aquí está
O modelo de industria
De mulleres
En cadea
Un modo de produción
Sumamente rendible
Para a economía do país
Mágoa que se axuste tan pouco
Ó produto autóctono
De carnes tradicionalmente alimentadas
Con botelos, touciños e lacón
A revolución industrial.
As mulleres de talle 36
Embutidas no que antes
Utilizariamos 
Para facer uns bos chourizos.
Todas iguais
Unha por unha.
Unha produción ilimitada
Nun mercado mutilador
Se cadra agora haberá que xustificar
Que segue sendo humana
Mesmo se non cabe
Na roupa de Zara."

                         María Reimóndez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario